11.09.2015

BENVIDA

Estimados participantes no Programa Biosfera-Emprega:

Ante todo, de parte de todo o Equipo Técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, agradecer o voso interese e participación no Programa Bio-Emprende. Estamos convencidos de que as actividades a desenvolver, ademais de ser útiles para mellorar a vosa capacitación profesional e favorecer a inserción laboral, tamén van a ser do voso agrado.

Neste espazo web publicaremos periódicamente todas as novas de relevancia que teñan relación co Programa, e poderedes descargar os apuntes e información de interese da formación impartida. Do mesmo modo, tentaremos ir incorporando novas ou enlaces que poidan complementar os propios contidos do programa.

Estamos á vosa disposición para o que precisedes.

Moitas grazas e benvid@s ao Programa BIO-EMPRENDE. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario