O PROGRAMA BIOSFERA-EMPREGA
O Programa Bio-Emprende está enmarcado nos Programas Integrados de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e está dirixido a promover a inserción laboral das persoas en situación de desemprego.
Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO
Este Programa ten como ámbito territorial os concellos que conforman a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, máis o concello de A Coruña.
Está dirixido a persoas desempregadas e que pertenzan aos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Mulleres.
- Menores de 30 anos.
- Menores de 30 anos con baixa cualificación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas con discapacidade.
- Outros colectivos
QUE SE PRETENDE CO PROGRAMA
O Programa Bio-Emprende pretende baixo un enfoque innovador, promover o Emprego Verde na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, a través da formación e asesoramento ás persoas desempregadas.
Esta formación e asesoramento pivota sobre a PRODUCIÓN HORTOFRUTÍCOLA ECOLÓXICA, a ELABORACIÓN DE TRANSFORMADOS AGROALIMENTARIOS (cervexa, viño, sidra, licores, zumes, leites vexetais, conservas vexetais, marmeladas, xabóns e cosmética natural), así como outras actividades ligadas ao EMPRENDEMENTO VERDE (producións e aproveitamentos do monte, avicultura, apicultura e bioconstrución).
Outra das claves deste Programa e a formación e asesoramento para a xeración de novas iniciativas emprendedoras, e facendo especial fincapé na posta en marcha de proxectos no marco da Economía Social e o Cooperativismo.
Pareceme unha iniciativa moi sensata, tanto o tema da horta como o de facer vinho, cervexa e xabon.
ResponderEliminarPenso o mesmo...boa iniciativa
ResponderEliminar