BOLSA TERRAS

VISOR DA BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
As parcelas dispoñibles pódense consultar no seguinte visor:


Que é a Bolsa de Terras?
Trátase dunha ferramenta para a dinamización de terras agrarias sen uso e/ou abandonadas. Unha base de datos de intercambio entre propietarios e emprendedores, ben sexa a través de fórmulas de cesión, aluguer ou venta.
Que  ofrecemos?
A Reserva de Biosfera porá en contacto a ámbalas dúas partes de cara ao achegamento de necesidades mutuas, asesorando de cara aos posibles acordos a formalizar. Por outra parte, os futuros emprendedores contarán con apoio de aconsellamento respecto a formación, aptitude agraria do terreo ou producións consideradas como oportunidades de mercado.
SE POSÚES TERRAS ACTUALMENTE SEN USO OU PRECISAS SUPERFICIE PARA PRÁCTICAS AGRARIAS  APÚNTATE.
Más información: Asociación Mariñas Betanzos
981 669 541 / info@marinasbetanzos.org
DSC_0029
A BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DE BIOSFERA
POR QUE XORDE? No territorio da Reserva de Biosfera, ao igual que en gran parte de Galicia, vénse manifestando desde hai varios anos un proceso de abandono das actividades agrarias que, entre outras consecuencias, ten o seu reflexo no crecente número de terras agrarias ociosas ou abandonadas. Isto supón consecuencias negativas non só desde o punto de vista da produtividade agraria senón tamén en relación ao medio ambiente e a biodiversidade. O abandono de terras nas paisaxes de agricultura tradicional galegas supuxo a expansión das áreas de mato, coa conseguinte perda de hábitats seminaturais de elevado valor ecolóxico e cultural ligados á actividade humana.
En moitos casos esta expansión considérase globalmente negativa porque implica o desenvolvemento de gran cantidade de biomasa, supoñendo un importante incremento do risco de incendios e as súas consecuencias.
Noutros casos, esas terras abandonadas son ocupadas por plantacións forestais conformadas por especies de crecemento rápido. Así, a substitución e simplificación dos mosaicos naturais de usos do solo característicos do medio rural tradicional por monocultivos empobrece enormemente a biodiversidade asociada aos primeiros.
A Asociación Mariñas-Betanzos, ente xestor da RB “MCeTM”, leva dende o ano 2011 traballando no fomento da inserción laboral no sector agroalimentario a través dos Programas Integrados para o Emprego. promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Deste xeito, cerca de 350 persoas desempregadas teñen recibido ou están a recibir na actualidade formación teórico/ práctica centrada principalmente na produción agroecolóxica, na elaboración de transformados agroindustriais e no “emprego verde”.
A experiencia recollida grazas ao contacto diario co alumnado nos ten permitido coñecer as súas principais necesidades de cara a poder materializar as ideas pretendidas. Entre estas eivas reflíctense de maneira moi destacada as dificultades de acceso a terreos de produción así como o investimento necesario para o establecemento de estruturas para a produción e/ou transformación agroalimentaria.
Esta situación contraponse á crecente cantidade de terreos improdutivos na Reserva, co inmobilismo socioeconómico e os prexuízos medioambientais conseguintes. Porén, xorde a idea da creación da Bolsa de terras da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

IMGP5089_Granxas de Lousada


Ningún comentario:

Publicar un comentario